O PP tilda de “despropósito” que o San Froilán deste ano custase 100.000 euros máis que o pasado

O Concello de Lugo celebrou hoxe a Comisión de Valoración das festas do San Froilan, este ano moi apocadas debido a situación de crise sanitaria que estamos a vivir. Con todo, e segundo denunciou o Partido Popular, o Concello gastou 100.000 euros máis que nas festas do pasado ano. Segundo critican os populares, este gasto non está xustificado pois, a pesar de que si se gastou máis no cumprimento de medidas sanitarias extraordinarias, moitas das actividades consolidadas nos últimos anos non se fixeron por precaución. A edil Beatriz Vázquez comparou as actuacións do programa deste ano e do anterior e deduciu que non houbo ningunha novidade salvo, un cambio de nome.

A concelleira popular Beatriz Vázquez comparou as actuacións de ambos programas e asegurou que “non hai ningunha novidade cultural, salvo o nome que lle deu o BNG: reconverteron as festas antiguas nunha semana cultural”. A concelleira popular Beatriz Vázquez tamén foi moi crítica coa xestión das contratacións lamentando que se consolide “de forma permanente” o Manual do caciquismo moderno no tocante ás contratacións a dedo.

Deste xeito valoraba a xestión dos contratos do San Froilán onde “tanto a producción como a seguridade das actividades se fixeron vía contratos menores”. A popular afirma que, se tivesen unha mínima planificación, se poderían facer outro tipo de contratos máis vantaxosos para o concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com