O PP tilda de “mercenario político” ao director de RRHH do Concello

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou a situación que se vive no Concello de Lugo, onde o director xeral de Recursos Humanos, “en lugar de solucionar os problemas que os diferentes gobernos socialistas crearon nos últimos 19 anos en materia de persoal, se adica a ser un mercenario político da alcaldesa nas redes sociais”.

Antonio Ameijide fai esta afirmación, despois de coñecer as declaracións que o director xeral de Recursos Humanos realiza nas redes sociais, onde “unicamente carga contra o Partido Popular” mentres os problemas de persoal seguen “latentes” no Concello lucense, en lugar de solucionarse. Para o voceiro popular, o director xeral de Recursos Humanos “superou a liña que non tiña que sobrepasar” ao cargar contra o grupo maioritario da oposición, polo que queda patente que a súa “neutralidade está cuestionada”, polo que desapareceron dous dos principios que tiñan que
rexer o seu xeito de actuar “o equilibrio e a neutralidade”.

“Temos claro que o camiño elixido por esta persoa ratifica as nosas denuncias previas e que non é a persoa idónea para ocupar este posto”, afirmou Ameijide, e despois das súas declaracións “non está lexitimado” para estar á fronte deste posto nin para resolver os problemas de persoal do Concello.

As declaracións do director xeral de Recursos Humanos son “inaceptables” polo que desde o Grupo Popular se insta á alcaldesa a que “o chame á orde” para que se ocupe das súas funcións, que lle custan máis de 56.000 euros cada ano a todos os lucenses.

Unha figura, a do director de persoal, que incluso, segundo o voceiro popular, aconsella “de xeito erróneo” á alcaldesa, e para mostra, a votación do último pleno relativa á reforma do Regulamente Interno de Persoal, que rexeitou toda a oposición en bloque.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com