O PP ve irresponsabilidade no goberno municipal por non ter aprobado o Plan Xeral

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular afirmou hoxe “que desta volta tampouco imos ter o PXOM aprobado” avanzando que “Lugo terminará o 2015 sen Plan Xeral, sumando 17 anos á cronoloxía dun trámite que xa tiña que estar concluído”.

Asemade o voceiro popular queixouse da falta de transparencia por parte do goberno local sobre este asunto. Castiñeira lembrou que hai case un mes que venceu o prazo para dar resposta á batería de preguntas formuladas sobre a situación do PXOM, que ao non ter contestación  levarán á próxima comisión para contestación oral”.

Jaime Castiñeira insistiu “na incapacidade da alcaldesa socialista a marcar prioridades para impulsar temas, como o do PXOM, “Este é un asunto prioritario polas repercusións económicas e o seu impacto nun sector moi castigado pola crise”, matizou o voceiro popular.

O voceiro popular tamén quere que a alcaldesa detalle os pasos que deu o novo goberno socialista dende a súa toma de posesión, en xuño, así como cales foron as xestións que se fixeron trala última reunión celebrada co Presidente da CHMS (Confederación Hidrográfica Miño-Sil).

Castiñeira avanzou que neste momento deberíamos estar falando da actualización do Pepri ou do desenvolvemento de zonas como o entorno do Hula “onde, como o seu antecesor Orozco, agora é a alcaldesa a que se empeña en enganar aos lucenses con promesas de leiraparkins que non se poden executar por incumprir o Plan Xeral.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com