Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP ve un desacerto a elección de adoquíns para espazos peonis

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, cuestinou esta mañá que o equipo de goberno utilizase o adoquín en máis do 90% do espazo da rúa Soto Freire, “esquencéndose dos problemas de accesibilidade que xerará esta decisión se ao final esta vía queda como peonil”. Antonio Ameijide considera “un desacerto” que se seleccionase este material “cando o adoquín se está substituíndo, en moitos puntos, polos problemas de mobilidade que presenta para os peóns”.

O popular lembrou que en Lugo “temos exemplos de que o uso deste tipo de pavimentos provoca numerosas queixas veciñais como é o caso da Praza da Soidade (recentemente fixérose rutas accesibles) ou a beirarrúa da ronda da muralla que practicamente ninguén utiliza polo incómoda que é”. Sen embargo, o Partido Popular afirma non estar en contra de que se empregue o adoquín pero instan ao Concello a planificar a súa colocación á inversa e “dunha forma máis racional” para evitar cambios no futuro debido a problemas de accesibilidade.

De feito, os populares afirman que “malia que en Soto Freire se acondicionou un tramo de ruta accesible non ten ningún sentido que no resto do espazo, se teñen previsto que sexa para uso peonil, se emprege este pavimento, intransitable para persoas con movilidade reducida”.

Trala rehabilitación do vello cárcere e a punto de que remate o prazo para que se entregue a obra os populares denuncian que se descoñeza como se vai regular o tráfico “os veciños queren saber se van a utilizar, a modo de rotonda toda a manzana, para que os vehículos que van á consigna da Estación de Autobuses ou que entran aos garaxes accedan pola rúa Dinán”. Mentres non se determina como funcionará o acceso rodado a este punto o popular pide que se garantice e se mellore a sinalización da entrada aos garaxes e consigna da Estación de Autobuses que hai nesta vía alertando que o vado da rúa Dinán moitas veces o bloquean vehículos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com