O PP ve un “disparate” os gastos anuais de electricidade que prevén para as Caldas do Miño

O Partido Popular advirte que as 6 pozas de “auga da billa” que está construíndo a alcaldesa de Lugo á beira do Miño “vannos saír moi caras aos lucenses”. O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que “a estimación que fixemos para climatizar estas  pozas apunta a que teremos que pagar unha factura anual de luz de 100.000€”. Esta cifra calculámola logo de consultar a expertos nesta materia é en base á potencia de 140.000 watios que, segundo o proxecto, será necesaria para quentar a auga destas pozas.

Á vista deste dato, o vicevoceiro popular Antonio Ameijide, ademais de considerar un despilfarro o millón de euros que se destina a estas bañeiras colectivas, afirma que o seu mantemento futuro suporá un novo lastre para a economía local. “Aos 100.000 € de luz hai que sumar outros 300.000 ou 400.000 € para contratar ao persoal, a limpeza, seguridade, mantemento da zona verde e seguros” matizando que “se se deciden por privatizar a súa xestión tamén haberá que asumir o sobrecuste do beneficio empresarial que obterá a empresa”.

Os populares tamén cuestionaron o “espírito verde desta infraestructura” xa que “nunha zona fría como é Lugo a climatización por aerotermia neste tipo de infraestructuras é máis que cuestionable” e apuntan que “será necesario tirar exclusivamente de electricidade o que suporá unha factura importante de mantemento a final de cada mes”. Ameijide razoaba que “maquillar de ecolóxico este proxecto ou vendelo como outro eslavón do Green Vancouver de Lugo supón unha nova tomadura de pelo aos veciños e veciñas lucenses”. Para o vicevoceiro popular “estamos diante doutra proba máis de que as pozas do Miño son un proxecto sen sentido” e demostran que “Lara Méndez non coñece Lugo, e tira os cartos de todos que se poderían empregar en montar unha praia pública gratuíta no Miño para toda a veciñanza”.

O Partido popular espera que na comisión que se celebra esta semana o goberno local informe sobre os estudos de custes dos consumos de luz e auga, os gastos de persoal, de seguridade e de limpeza que suporá a posta en marcha desta infraestructura xa que “levamos meses reclamando estes datos sen resultados o que resulta preocupante porque ou ben non saben que modelo van a seguir para a explotación destas Caldas, ou ben saben que vai ser unha hipoteca máis para os lucenses e prefiren ocultar as cifras dos gastos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com