O PP volve denunciar irregularidades nun dos procesos selectivos da Deputación

O grupo provincial do PP leva semanas denunciando posibles irregularidades nos procesos de selección de persoal que se celebran na Deputación de Lugo dende que José Tomé presidente a institución.

Os populares, esta vez van máis aló e non só denuncian as sospeitas dalgún proceso senón que, tras obter autorización para reviar o expediente do proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico de edificación, comprobaron que hai numerosas alegacións formuladas polos participantes no proceso e, non só iso senón que resultan especialmente significativas para os populares, as discrepancias entre os membros do tribunal, incluso con informes nos que un deles manifesta estar en contra da valoración da aspirante que saíu elixida.

O deputado provincia José Antonio García deu a coñecer tamén que este asunto está xudicializado tralo recurso presentado por unha das aspirantes. Engade: “Por este motivo queremos ser moi prudentes e esperaremos a que se
produza a resolución xudicial”.

En todo caso, os populares ven que “desde que Tomé está na presidencia da Deputación, todos os procesos selectivos acaban tendo unha sombra de sospeita, o que dá como resultado un grave e lamentabilísimo deterioro da imaxe da institución”. 

José Antonio García lembra que no seu día a Audiencia Provincial decidiu arquivar a causa na que estivo investigada, polas obras da piscina de Monterroso, a persoa á que foi adxudicada a praza de técnico de técnico de edificación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com