O Partido Popular de Lugo avanza que volverá votar en contra dos orzamentos do concello para este 2016 no pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro mércores e no que se debaterán as alegacións presentadas ás contas públicas, que previsiblemente serán aprobados definitivamente grazas aos votos do PSOE e de Lugonovo.
Os populares advirten de que Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE terán a semana próxima unha “oportunidade perfecta” para demostrar se ratifican ou non “a oficina de colocación en que o PSOE converteu dende 1999 o Concello”.
Neste sentido, o voceiro popular Jaime Castiñeira asegura que “os grupos políticos que se absteñan ou apoien o mércores que vén os orzamentos municipais estarán a blindar as políticas de persoal de Orozco e Liñares que todos coñecemos”.