O premio Extraordinario de Nadal da Once deixa en Lugo 400.000 euros

O Extra de Nadal da ONCE repartiu esta maña 23 millóns de euros en todo o Estado e Lugo levouse un dos primeiros premios nun cupón agraciado con 400.000 euros.

O cupón foi vendido por  José María Rosende Fraga (que vende nos polígonos de Louzaneta e da Campiña en Lugo, así como en Paradela, Portomarín e Friol) e que coñece perfectamente ao cliente ao que llo vendeu, aínda que non pode desvelar a súa identidade. O que si dixo é que se trata dun traballador do polígono da Campiña, un rapaz novo con familia e que xoga sempre ao mesmo número.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com