O Presidente convoca aos sindicatos para informalos dos acordos de disolución de SUPLUSA

O Presidente da Deputación, José Tomé, convocou para este xoves día 19, ás 10.30h, na Sala de Xuntas, unha reunión informativa con todas as centrais sindicais que teñen representación na institución provincial co fin de darlles traslado persoalmente dos acordos adoptados polo Pleno da Deputación e pola Xunta Xeral Extraordinaria de SUPLUSA, celebrados o día 12 de setembro, relativos ao inicio do procedemento de disolución para a extinción da Sociedade Urbanística Provincial.

 O Presidente quere informar con total transparencia aos representantes sindicais da Deputación de cada un dos puntos acordados durante este encontro, que terá continuidade cunha reunión que se producirá de seguido cos deputados e deputadas designados para exercer o cargo de liquidadores de SUPLUSA (Pilar García Porto, en representación do PSdeG, Mónica Freire Rancaño, do BNG, e José Antonio García López, do PP), co asesor xurídico da comisión liquidadora e cunha traballadora de SUPLUSA nomeada interventora.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com