O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, enviou este mércores 49 cartas ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e 8 ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, para facerlles chegar todas peticións que lles realizaron os veciños da provincia, durante o proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos do organismo provincial.
Gómez Besteiro enviou unha carta por cada un dos 49 veciños que a título individual, ou ben en representación dunha asociación, demandaron iniciativas que son de responsabilidade da Xunta e do Goberno central, ou ben necesitan da imprescindible colaboración destas administracións para poder saír adiante.
Escoitámolo: