O Presidente da Deputación garante a execución de obras en 5 Concellos

O Presidente, Darío Campos Conde, asinou este luns as “garantías” da execución de obras en 5 Concellos da provincia con 500.000 euros da Deputación. Os municipios beneficiados son: Paradela, Pantón, Sober, Cervo e O Vicedo. Campos Conde quixo incorporar estas actuacións a súa proposta de Orzamento para 2016 logo de abordar de xeito privado a súa necesidade con veciños e cos propios Rexedores. “Estas obras non son de ningún partido político. Son exclusivamente dos veciños, pois fináncianse con cartos públicos de todos eles, como son os fondos da Deputación de Lugo”, remarcou.

Campos Conde subliñou que “o día que tomei posesión como Presidente adquirín un firme compromiso con cada un dos cidadáns dos 67 Concellos da provincia para facer todo o que estea na miña man para mellorar a súa calidade de vida. E iso é o que estou e vou a facer dende a Deputación: favorecer a dotación de todos aqueles servizos que redunden na mellora das prestacións públicas dos veciños, vivan onde vivan, sexan do Concello que sexan, pois todos somos iguais, non hai distincións”, engadiu.

Baixo esta premisa, o Presidente consignou de 511.081 euros do presuposto de 2016 as obras que se están a executar nestes 5 Concellos. Hoxe asinou cos Alcaldes as modificacións dos respectivos convenios, que permiten continuar coa súa execución, pospoñer a súa xustificación e recibir o orzamento necesario para pagalas.

As obras que se levan a cabo son as seguintes:

Paradela: reforma do tanatorio, dotadas de 106.436 euros.

Sober: sinalización de núcleos rurais; reparación de humidades no centro sociocultural; dotación dunha aula de novas tecnoloxías; mellora do punto de atención á infancia e do campos de fútbol; ampliación do saneamento e construción dunha depuradora en Telleiros e Vilamaior (na parroquia de Refoxo). O orzamento é de 129.899 euros.

Cervo: instalación de pistas de pádel dentro do recinto deportivo do campo de fútbol, con 68.235 euros.

Pantón: mellora do camiño da rúa Chao Falcón a Campo da Feira, arranxo de beirarrúas, e acondicionamento do saneamento de augas residuais no núcleo rural de Palmelle. 57.511 euros.

O Vicedo: remodelación da Casa do Mar e adquisición de mobiliario para a dotación dun centro de día, con 149.000 euros (primeira fase).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com