O próximo 5 de febreiro comezan as novas actividades na Biblioteca e no MIHL da programación de animación á lectura

O Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, anuncia o comezo do programa de Animación á lectura e contacontos, que se desenvolverá os xoves ou sábados entre os meses de febreiro e abril de 2015.

Estas actividades que se desenvolven na Biblioteca Municipal e algunha no MIHL, están dirixidas para que nenos e nenas de entre 3 a 12 anos coñezan e gocen coa lectura a través de contacontos e teatro.

O programa de animación á lectura comeza o xoves 5 de febreiro ás seis e media da tarde, cunha actividade especial para bebés de entre 0 e 3 anos, na que a compañía Contacontos de Pavís Pavós representará Palma repalma, contos para bebés.

Doutra banda, o pasado sábado comezaron as actividades do programa +XTi 2015, que se desenvolverán todos os sábados na Casa da Xuventude ata o 27 de xuño.

Estas actividades, dirixidas a mozos de 12 a 30 anos e de carácter gratuito, teñen un horario de mañá de once a doce con break dance, de doce a unha con clases de hip-hop e de unha a dúas acrosport.
Escoitamos á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com