A carreira Lugo Monumental chega a súa vixésimo primeira edición e terá lugar este domingo, día 22. Esta nova edición contará cunha moi alta participación, ao xulgar polos máis de 1.200 participantes inscritos, dos que en torno a 955 disputarán a proba na categoría absoluta, para maiores de 16 anos. Son os que se enfrontarán a un circuíto de dez quilómetros polas rúas do centro da cidade, rúas próximas e con volta completa incluída polo adarve da muralla.
A Área de Deportes do Concello de Lugo organiza este evento, dentro da programación de Nadal, en colaboración con outros servizos municipais como Policía Local e Protección Civil e con varias empresas e entidades lucenses.
A categoría pitufos correrá unha distancia de 200 metros; a sub10-sub12, disputará a carreira nun circuíto de 950 metros; as e os participantes da sub14-sub16 se enfrontarán a unha distancia de 1.200 metros, mentres que as e os deportistas da categoría absoluta, é dicir maiores de 16, se enfrontarán a un percorrido de 10 quilómetros polo centro histórico e polas rúas próximas. Todas as carreiras terán saída e chegada na contorna da praza Horta do Seminario e da avenida Ramón Ferreiro, a partir das 11.00 da mañá e en sucesivas quendas. Haberá servizo de duchas nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras). Pódese atopar toda a información sobre esta proba na páxina web ccnorte.com.