O PSdeG acusa a De Olano de “mentir e falsear” os investimentos do Goberno en Lugo

A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acusou hoxe ao deputado do PP, Jaime de Olano de facer unha xira por Lugo, “co fin de seguir as instrucións que lle marca Elena Candia, para, explicou a socialista, boicotear as inversións do Goberno de Pedro Sánchez en Lugo. 

Otero pediulle a De Olano que “faga menos paseos polos platós de tv e máis traballo polo futuro da provincia” e advertiu que a rolda de prensa do deputado popular “é un acto da estratexia que iniciou o PP para falsear, dixo, a realidade dos investimentos do goberno socialista na cidade e na provincia de Lugo”.

A secretaria provincial lembra que Jaime de Olano “foi deputado nos case 80 meses de goberno de Mariano Rajoy, e durante esa etapa non houbo nin un só investimento en obras públicas na nosa provincia de Lugo. Daquela Jaime de Olano calou e consentiu, e non se lembrou para nada da provincia”, insistiu.

Tamén aludiu a creación da Unidade da Policía en Ourense, “pero esquecéronse de Lugo e deixárona sen ela, que é a única provincia que non conta con ela”.

Otero dixo que o deputado do PP “veu a Lugo a mentir aos cidadáns para ocultar os máis de 500 millóns de euros que o goberno socialista inviste no tren Ourense-Lugo, a reanudación das obras da autovía A 54 que conectará a cidade con Santiago, o investimento do novo edificio do Instituto Nacional de Estatística (INE) que supuxo un montante de 2,4 millóns de euros, ou a creación dun novo xulgado do social. Ademais doutras políticas que melloraron considerablemente a vida da nosa veciñanza como son a suba das pensións ou a creación de novas prestacións como o ingreso mínimo vital (IMV)”.

Así as cousas a dirixente socialista replica que “as mentiras de Olano e do PP non poden ocultar a única realidade, que non é outra que a dun goberno progresista comprometido con Lugo e os lucenses, e cuxo progreso se opón unha e outra vez co seu voto o PP no Congreso”.

A secretaria provincial afirma que “o que debería explicar a toda a provincia o Deputado do PP, é porque se opuxo a unhos orzamentos que multiplicaron o investimento público en toda a provincia, e que aumentaron as partidas sanitarias así como os recursos en atención á dependencia ou para aqueles que sofren situacións con graves carencias, ou mesmo resolver e abordar o problema de visibilidade no Fiouco”, argumentou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com