O PSdeG de Abadín critica o abandono da área recreativa de Gontán e da praia fluvial da Roxica

O voceiro da agrupación socialista de Abadín, Pablo Díaz criticou hoxe o estado de deixadez no que se atopa a área recreativa de Gontán, así como a praia fluvial da Roxica, situada en pleno Camiño Norte de Santiago.

 Díaz lamentou a pouca iniciativa e a inoperancia que amosa todo o equipo de Goberno de Rancaño, e advirte que o concello investiu máis de 3.000 euros nuns adornos, para colocalos no chan, de cochas de peregrinos para o Camiño de Santiago. Por iso emprazou ao Alcalde a revisar as prioridades do Concello, como por exemplo, realizar un parque infantil para os nenos da localidade.

 O voceiro demandoulle ao Rexedor que realice un investimento axeitado dos recursos públicos “como por exemplo na limpeza destas áreas recreativas da nosa localidade tan demandadas polos veciños, polos turistas e polos peregrinos”.

 Podemos comprobar que ano tras ano, o equipo de Goberno do PP de Abadin non amosa ningunha proposta nova para fomentar o turismo no noso concello, nin para atraer aos visitantes. Por iso insistimos en que é necesario coidar o patrimonio natural que temos para poder promocionar o municipio”, resumiu Pablo Díaz.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com