O Grupo Municipal do PSdeG esixirá no Pleno do vindeiro xoves á Xunta de Galicia que cree un novo centro público de maiores no concello de Lugo e que, mentres non dote á cidade desta infraestrutura social, concerte prazas nun número acorde á demanda actual.
Así o avanzou o voceiro do Goberno local, Miguel Fernández, quen argumentou a necesidade da residencia apuntando que, dos 21.000 maiores no municipio lucense (máis do 21% da poboación), 5.000 viven solos e destes 2.000 teñen máis de 80 anos. Fernández engadiu que Lugo só conta na actualidade con dúas residencias de titularidade autonómica, a das Gándaras e a da Milagrosa, cunhas “escasas 272 prazas, só 68 delas para dependentes”, e que as prazas concertadas pola Xunta en residencias privadas é inferior ao centenar.
De feito, subliñou o concelleiro, a Administración galega non crea nin unha sóa praza residencial pública para a terceira idade en Lugo dende finais dos anos 70.