O PSdeG lucense remarca que a reforma laboral “creará emprego estable e de calidade”

“O Goberno de Pedro Sánchez traballa para dignificar a vida dos traballadores e traballadores”. Así o dixeron hoxe os deputados no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro e o senador César Mogo trala aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados. “Aprobamos unha normativa consensuada cos sindicatos e a patronal, a través dun modelo de relacións laborais xusto e equilibrado. Polo tanto estamos diante dunha nova medida destinada a creación de emprego estable e de calidade. Cumprimos coa palabra dada”.

Os socialistas criticaron “as nefastas consecuencias que tivo a reforma laboral do PP no mercado laboral, tanto pola intolerable redución dos dereitos dos traballadores, como pola constante desvalorización das súas condicións salariais. Polo tanto, fronte á forma de gobernar do PP, baseada na imposición, o PSOE avogou polo diálogo social e co acordo das organizacións sindicais e as empresas”. Nesa liña lembraron que “durante o goberno de Pedro Sánchez acadáronse ata 13 acordos no marco do diálogo social”.

Cesar Mogo cualificou “como un fito historico”, a aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados, “xa que recupera dereitos para os traballadores e traballadoras deste pais”. Uns dereitos “que foron birlados polo goberno do PP de Mariano de Rajoy”. Por iso sinalou, “estamos diante dunha reforma que vai a loitar ademais con eficacia contra a precariedade laboral e remando sempre a favor dos traballadores”. Pero, unha vez máis, “lamentablemente o PP colocouse en contra da recuperación dos dereitos laborais dos traballadores no noso pais”. E nesa liña hai que lembrar “que recentemente tamén se opuxeron a subida das pensións, pero o importante neste caso, é que esta nova medida laboral contribuirá a mellorar a calidade do emprego na nosa provincia”, dixo.

Ana Prieto explicou que o dia 3 de febreiro “foi un dia moi importante para España e Galicia”, trala aprobación da reforma. E puntualizou que esta nova medida “nace do acordo e do diálogo social, aportando certeza e confianza e garantizando a paz social”. A través deste novo documento “podemos acadar relacións laborais en igualdade e con máis dereitos”. E lamentou a actitude do PP no debate desta cuestión “xa que está instalado no negacionismo absoluto en todo o que concirne a boas novas para a España, Galicia e Lugo. Este acordo remata cos grandes problemas do noso mercado laboral”, insistiu.

Javier Cerqueiro advertiu que “co PP vivimos unha etapa de precarización de despedimentos masivos, e hoxe, fronte aos ERE perfeccionamos o uso dos ERTE que salvaron 4,5 millións de empregos durante a pandemia. Rajoy afundiu a hucha das pensións, axudado sobre todo polo salarios precarios como consecuencia da súa reforma laboral, e tamén rescatou bancos cun custo de 66.577 millóns de euros, segundo datos do Tribunal de Contas, que pagamos todos cidadáns. Pero agora a xente é rescatada”. Segundo as cifras da EPA, “no ano 2021 supuxo a creación de 840.700 postos de traballo, unha cifra que representa a maior creación de emprego dende 2005. Chegamos á cifra de 20,2 millóns de ocupados, e a taxa de paro baixou ata o 13,3%, o nivel máis baixo desde 2008”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com