O PSdeG pedirá á Xunta que axilice o traspaso de competencias dos servizos sanitarios que prestan os Concellos

O Grupo Socialista na Deputación de Lugo reclamará á Xunta o vindeiro martes, a través dunha moción no Pleno da
Corporación provincial, que facilite e axilice o traspaso de competencias, funcións e custes dos servizos sanitarios que prestan os concellos da provincia de Lugo no menor tempo posible, a través do mecanismo acordado ca FEGAMP.

Na proposta socialista sinalase, que o pasado mes de marzo aprobouse no Parlamento de Galicia unha iniciativa socialista sobre saúde mental, na que se acordou a través da FEGAMP: “iniciar o procedemento de incorporar ao Sergas ós profesionais e servizos sanitarios de saúde mental que prestan os servizos dependentes das administracións locais, para ordenar a atención e que dependa do organismo competente en asistencias sanitaria que é a Administración autonómica”.

O PSdeG explica que “esta proposta recolle unha reivindicación das administracións locais que asumen, entre as súas funcións, incorporar nos seus planteis de persoal sanitario e manter centros e infraestruturas que dan servizo sanitario, como poden ser os Servizos de Prevención e Asistencia a Drogodependentes (SPAD)”.

Así as cousas argumentan que “esta reivindicación pretende reordenar as competencias e o gasto que se asume para desenvolvelas, facilitando que o conxunto dos servizos sanitarios corresponda ó organismo competente que é a Xunta de Galicia, liberando ós concellos de gastos que, a día de hoxe, a Xunta financia dun xeito insuficiente, xerando unha disfunción administrativa non axeitada”.

Os socialistas advirten ademais que “o modelo de atención ás drogadiccións da Xunta baséase na asistencia ambulatoria e, nos casos extremos de deterioro da saúde, na deriva hospitalaria. Historicamente, a Xunta ten deixado atención residencial, isto é, o internamento en centros de desintoxicación, nas mans de entidades do terceiro sector. Por iso é necesario un maior compromiso público neste eido, máxime nunha situación de pandemia como a que estamos vivindo”, explican.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com