Os socialistas esixen ao Goberno de Feijóo que non abandone ás familias da rúa Mar Cantábrico de Burela, e reclaman que, a través do IGVS, medie coa Sareb para a evitar os desafiuzamentos das vivendas de protección. Tamén solicitan que lles preste asesoramento técnico e xurídico que precisan as familias ao longo deste procedemento.
A Deputada Autonómica, Patricia Otero ven de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia, tras coñecer a través dos afectados, a situación de inseguridade xurídica que están padecendo.
Así as cousas Otero relata que o pasado O 8 de xaneiro de 2004 cualificábase o edificio n.º 6 da rúa Mar Cantábrico de Burela como de protección autonómica (vivenda protexida de propiedade privada), cunha duración da protección de 25 anos, finalizando o período de protección autonómica en xaneiro de 2029.
No mes de xaneiro de 2021 a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), emitiu unha orde de desafiuzamento das vivendas deste edificio, na que instaba aos inquilinos destas vivendas de protección autonómica que están en réxime de alugueiro a que as deixen libres no prazo dun ano. Prazo este que remata o vindeiro mes de febreiro.
A Deputada advirte, tal e como constatou que son “varias as familias afectadas por esta decisión da Sareb. Nun principio 16 familias, algunhas das cales xa se cambiaron da vivenda ante a falla de noticias tanto da Sareb como da propia Xunta de Galicia. E a día de hoxe seguen sen ter noticias e non saben se ao final terán que abandonar ou non as súas vivendas. A pesares de estar ao corrente nos pagos dos seus alugueiros e de se faceren ademais cargo dos gastos comúns do edificio, á Sareb non lles aporta solucións, nin sequera nos supostos de querer mercar as vivendas”, explicou.