A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense, Ricardo Varela, anunciaron que os socialistas rexistraron dúas Proposicións non de Lei no Congreso dos Deputados nas que demandan ao Goberno supervisar o proceso de venta das plantas de produción de aluminio, e que se esixa a Alcoa un proxecto industrial coas inversións necesarias que garantan a viabilidade desta empresa, evitando o riesgo de especulación e o posterior peche das factorías.
Noutra iniciativa tamén solicitan que se estableza unha formula para que as industrias con alto consumo de enerxía poidan acceder ao mercado de enerxía en condicións similares ás de outros países da Unión Europea. A deputada remarcou que “é de vital importancia que a poxa se realice xa, por mor do retraso que leva, e que repercute moi negativamente na planificación da actividade das empresas”.
Pérez Herraiz sinalou ademais que presentou estas iniciativas “tras manter varias xuntanzas nas que escoitou as reclamacións e as demandas dos sindicatos e dos traballadores”.
A deputada socialista constatou nestas reunións que a empresa “non esta facilitando ningún tipo de información aos comités de empresa, e que nestes intres existe un risco elevado de que a operación da venta sexa meramente especulativa”.
Pérez Herraiz explica que Alcoa é unha empresa fundamental para a economía da provincia de Lugo, xa que da súa factoría de Cervo dependen 1.200 empregos directos, e outros 600 indirectos, ademais tamén conta con outra factoría na Coruña na que traballan 400 persoas.