A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno Autnonómico que recupere de xeito urxente o servizo de atención médica do Centro de Saúde de Burela.
Otero denuncia que actualmente este servizo no turno de tarde reduciuse, e só se presta de martes a xoves durante 3 horas. Trala baixa dun facultativo no horario de mañá, cubriuse a quenda matinal á costa da vespertina con recortes, lamenta a socialista para os seus usuarios. A dirixente critica ademáis que os usuarios do cupo médico de tardes non foron informados desta situación e lamentan a perda de citas durante estas quendas.
A Deputada Autonómica lembra que “en Xaneiro de 2020 o SERGAS anunciaba que o Centro de Saúde de Burela tamén abriría e pasaríanse consultas polas tardes a partir do mes de Febreiro, en horario de 14: 00 a 21:00 horas de luns a venres, e para elo contrataríanse tres novos profesionais: un médico de familia, un profesional de enfermería e un persoal de servicios xerais”.
Así as cousas Otero quere coñecer si o Goberno de Feijóo ten algunha intención de recuperar de xeito urxente o servicio de atención médica que se viña prestando de luns a venres, dende ás 14: 00 a 21:00 horas, no centro de saúde de Burela?. E cando prevé abrir a atención primaria de maneira presencial en Burela?