O PSdeG suspende os mítins na provincia de Lugo

O comité de campaña do PSdeG decidiu hoxe suspender os mítins na provincia de Lugo.  A actividade nesta provincia, na que un rebrote de coronavirus obrigou a pechar a bisbarra da Mariña, limitarase, informan os socialistas, a paseos e comparecencias no territorio.

Diso deu conta o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, ao conxunto do partido, e enmarcou esta decisión na “responsabilidade esixible nestes momentos”.

Esta medida segue os pasos dados por Galicia en Común que suspendía o pasado xoves os seus actos na comarca da Mariña.

Pola súa banda, os candidatos populares na Mariña “adaptarán”, afirmaron onte, os seus actos na comarca ás instruccións estipuladas pola Consellería de Sanidade. O PP asegurou que os seus candidatos con domicilio na costa lucense “cumplirán estritamente” as indicacións pero “seguiremos informando aos cidadáns da importancia de ir a votar e de facelo pola estabilidade, fiabilidade e experiencia que representa Alberto Núñez Feijóo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com