O partido Popular volveu gañar as eleccións municipais en Lugo, pero este resultado non é suficiente; aínda contado con Cidadáns, que a priori poderían pactar, no caso de que a suma dos dous partidos conformara unha maioría absoluta.
Aos que lle dan os números é ao Psoe de Lugo é a Lara Méndez que co apoio do BNG poderá seguir como alcaldesa de Lugo.
Así que haberá que agardar ás negociacións que se desenvolverán a partir de mañá para saber como se conformará o equipo que goberne a capital da provincia nos vindeiros catro anos.
Todo fai pensar que haberá un goberno de coalición no municipio de Lugo coa participación de socialistas e nacionalistas. Se isto é así, as negociacións prevense difíciles, pois sempre que se formou un goberno entre estas dúas formacións políticas, estas foron longas e complicadas.
Desaparecen do salón de plenos dúas formacións políticas: Lugonovo e ACE-EU. A división dos movementos alternativos deu como resultado que non entrará ningunha das dúas formacións e tamén supuxo que Podemos non acadara o 5% que esixe a lei para entrar no consistorio.
Mai 27, 2019 - 03:24 AM
ciudadanos xa e cidadans imos avanzando logo…ágora teñen que meter os nazis e tres pes para un banco