O Voceiro socialista da Pobra do Brollón, Javier González, criticou a negativa do Alcalde de crear unha brigada de incendios para o verán no concello, ao abeiro dunha subvención que concede a propia administración autonómica, e da que desfrutan a maioría dos Concellos da provincia.
González demandou novamente, no último pleno, a petición para que o concello creará o dispositivo antiincendios para a temporada estival. O portavoz criticou a actitude do alcalde e tachouna de “irresponsable, por deixar o segundo concello con máis masa forestal do Distrito Terra de Lemos despois de Quiroga,con 10.000 Has de monte sen este dispositivo”. O socialista insiste nas súas criticas “non entendemos porque este ano toma a decisión de non ter brigada, cando os anos anteriores si que se contou con este dispositivo”.
Ademais remarcou que esta brigada contribuiría a dar traballo temporal á xente da Comarca, nese senso lamenta o pouco interese que amosa cos veciños e veciñas en situación de desemprego. “Outra vez atopámonos ante un Alcalde que volve improvisar, algo ao que xa nos ten acostumados, pero esta vez raia o esperpento, xa que se trata dun asunto tan delicado como son os lumes”, resumiu Javier González.