O PSdG demanda que se prorrogue a normativa para cubrir a praza de tesoureiro en Concellos

O Presidente da Xestora Lucense do  PSdeG-PSOE, Luis Angel Lago Lage, anunciou este luns que o Partido Socialista presentarán en todos os concellos unha moción co fin de dar unha solución á problemática dos tesoureiros. Na proposta demandase prorrogar de xeito inmediato a non obrigatoriedade da habilitación nacional para os Tesoureiros dos concellos de menos de 5.001 habitantes.

Na iniciativa solicitan modificar, con urxencia, a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (Art. 92 bis e Disposición Transitoria sétima) no referido á obriga de que as funcións de tesourería sexan desempeñadas por funcionarios con habilitación nacional, non xa en Concellos de menos de 5.001 habitantes, senón en tódolos Concellos de menos de 20.000 habitantes. E por último que se dea traslado do acordado ós Ministerios con competencias nestas materias.

Lago Lage sinala que o problema do Concello de Sarria evidenciou unha situación que estaba sucedendo en moitas Concellos da nosa Comunidade. Replica que a día de hoxe non hai suficientes nomeamentos existentes para cubrir as vacantes actuais de Galicia. Subliña ademais que tanto a FEMP como a FEGAMP coinciden nestes plantexamentos.

O Presidente da Xestora explica que eses postos, ata agora, podían cubrirse con traballadores doutras categorías, pero co cambio normativo, impónselles a habilitación nacional ou que conten con un funcionario propio do grupo A1 que voluntariamente se preste a desenvolver o labor. Advirte ademais que aínda que se prorrogou a entrada en vigor deste artigo durante un ano, a partir de xaneiro de 2017 faise efectiva. E por último denuncia que “esta situación ocasionaría a parálise da actividade municipal”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com