González, critica que “sistemáticamente se engane á poboación con informacións falsas coma a da nota publicada neste medio”; segundo o Secretario de Medio Rural socialista : “Non e certo que a pediatra acuda un día á semana ó centro médico de Baralla. É mais, a oposición deste concello leva anos reclamando este servizo, incluso a socialista Concepción Burgo teno levado ó Parlamento de Galicia. A Xunta está deixando totalmente abandoado o rural, sen servizos, e para ocultar este abandoo, adicase a sacar notas de prensa con informacións falsas, seguindo a tónica habitual do goberno de Feijoo, con mentira tras mentira, para tratar de tapar a falta de compromiso e a inversión no rural galego, e especialmente na provincia de Lugo”.
Post Views: 0