A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, anunciou que o Grupo Socialista demandará na vindeira sesión plenaria, que se habilite un local no lugar de Seoane do Courel, para albergar a brigada de servicio, defensa, prevención e extinción de incendios, dependente da Consellería de Medio Rural.
Álvarez lembra que hai sentenzas individuais firmes destes integrantes, que constatan que teñen recoñecida a súa base en Seoane do Caurel. Ademais, a edil lembra a vontade da Xunta, que está disposta a habilitar un local sempre que o Concello o aporte.