A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE e Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Secretario de Organización, Juan Díaz Valiño, acompañados dos Candidatos ao Congreso e ao Senado, mantiveron este martes pola tarde unha xuntanza de traballo cos Voceiros da Comarca de Chantada e da Ulloa na sede do Partido chantadino, para avanzar en novas propostas e iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.
Patricia Otero remarcou que “dende o PSdeG-PSOE traballaremos a reo para que todos os veciños e veciñas desta Comarca de Chantada poidan desfrutar dunha pensións xustas”. Nese senso lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez “incrementou en catro puntos a porcentaxe aplicable ás pensións de viudedade”. Ademais explicou que o Goberno de Sánchez aprobou a obrigatoriedade de incluír a orixe do leite e os produtos lácteos no seu etiquetado. Aposta así polo lácteo galego e a potenciación da súa marca, unha vella demanda deste sector”.
Pola contra a Secretaria Provincial criticou a completa parálise que vive esta Comarca coas políticas do PP e de Feijóo. “Os 800 nenos e nenas do Centro de Saúde e Chantada son atendidos por un só pediatra dúas veces semana, algo tercermundista. Neste Concello non hai ningunha inversión como contrapartida polo canón da auga, e os empresarios do polígono industria seguen ser ter potencia de luz, cos problemas que isto conleva”.
Outra problemática é o xabaril. “No Concello de Taboada hai moitas explotacións afectadas, e non hai ningún concello da contorna que fóra declarado de emerxencia cinética para poder facer fronte a este problema. E Socialistas na Provincia de Lugo mentres Feijoo e o PP seguen mirando cara outro lado, e os gandeiros denuncian perdas de ata 15 millóns de euros”, advertiu.
En Monterroso, como calquera Concello da provincia, sofre o abandono do rural polas políticas fracasadas de Goberno de Feijoo. “Ademais esta vila reclama a ampliación da estación depuradora de augas residuais, e a continuación co proxecto de saneamento integral que esta paralizado dende o 2009. Monterroso non tivo unha soa boa noticia dende a chegada de Feijoo á Xunta”.
En Antas de Ulla os maiores da vila seguen esperando unha milagre para que remate a construción Residencia de Maiores, levan 30 anos esperando a que remate a segunda planta deste edificio. “Esta é a política social do PP, o abandono, o ninguneo e a discriminación cara os nosos maiores”, replicou. No que se refire as infraestruturas as veciñas e veciños demandan o arranxo urxente da estrada Friol-Palas. “O Presidente Feijoo non utiliza moito estas estradas, por iso non coñece a situación lamentable desta vial, e que teñen que sufrir cada día os seus usuarios”, sinalou Otero.
Así as cousas, Otero replica que dende o PSdeG-PSOE “traballaremos por promover esta Comarca como se merece. Por iso hoxe máis que nunca é necesario un Goberno de Pedro Sánchez para devolver aos veciños e veciñas das Comarca de Chantada e da Ulloa a garantía de que vamos a seguir traballando e impulsado esta Comarca, sen atrancos e sen os desplantes do PP”, resumiu Otero.