O PSOE de Antas pide ao Concello que restableza o servizo telefónico na parada de taxi

Os socialistas de Antas de Ulla demandan ao Concello que restableza o servizo telefónico da parada de taxi da vila. Así o dixo tras facerse eco das queixas das usuarias e usuarios deste servizo, xa que denunciaron que non teñen un teléfono fixo ao que chamar para demandar un taxi.

A voceira do PSOE na localidade sinala que “unha poboación tan envellecida como ten o noso concello debe ter unha liña de teléfono para poder demandar o servizo de taxi, como xa había antigamente, e que por mor dunhas obras nesa rúa foi retirado“.

A voceira explica que “o Concello tiña que estar máis preocupado e máis vixiante das demandas das veciñas e veciños, por iso solicitamos que atenda as súas peticións e volva a colocar a liña telefónica co mesmo número que había antigamente neste servizo, xa que na actualidade o Concello mantén a liña pero sen servizo para os usuarios“, advertiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com