O PSOE de Baleira denuncia a “desaparición” do Concello na loita contra a Covid

“O equipo de Goberno do PP de Baleira, co seu alcalde á cabeza, está completamente desaparecido na loita contra a pandemia da Covid”, así o denunciaba esta mañá a voceira socialista no Concello, Laura Burgué, facéndose eco, asegurou, das queixas da veciñanza afectada por esta situación.

Burgué explicou que, tras detectarse varios positivos na vila “as familias séntense completamente desamparadas, desatendidas e abandonadas”, describía a socialista que denunciou ademáis que “non se realizan as correspondentes probas de PCR e tampouco se fan seguimentos aos afectados”.

Nesa liña emprazou ao Goberno do PP “a amosar máis sensibilidade cara aos afectados e as súas familias, e tamén ao Goberno de Feijoo para que realice máis PCR, así como os correspondentes seguimentos. Non podemos deixar abandonada á veciñanza nesta situación tan excepcional”, replicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com