O PSOE de Bóveda denuncia o bloqueo do PP á actividade de control da oposición

A voceira do Partido Socialista en Bóveda, María del Carmen Macía Rodríguez, denunciou o bloqueo constante do Partido Popular á actividade democrática de control á xestión do Alcalde por parte da oposición, “que impide a labor de fiscalización que temos encomendados dende a oposición ao transformar en rogos as mocións que levamos ao Pleno, só para evitar o debate”, apuntou.

Carmen Macía explicou que os socialistas presentaron ao Pleno Municipal dúas mocións para coñecer por que non se lle teñen efectuados os pagos das subvencións comprometidas polo Alcalde ao Rubián e ao Bóveda do ano pasado, así como outra para instar ao equipo de Goberno a redactar un regulamento de uso de bens públicos para facilitar o acceso de veciños e asociacións a lugares de titularidade municipal nos que se reunir. A pesares de tratarse de dous temas de interese para os veciños, o Alcalde do PP decidiu de xeito totalmente unilateral transformar ambas as dúas mocións de maneira que “evitou o debate político, impedindo a nosa participación e ocultando información”.

“O Partido Popular, nun claro ataque aos valores que rexen a nosa democracia, non quere xerar debate nos plenos, amosando un xeito de facer política totalmente totalitarista, autoritario e propio doutros tempos. Ao PP non lle gusta nin a transparencia nin a participación”, apuntou a voceira socialista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com