O PSOE de Chantada pulsa a opinión dos comerciantes para presentar as súas propostas de dinamización

A agrupación socialista de Chantada comezou unha campaña polos diferentes establecementos da vila para coñecer de primeira man as necesidades, demandas e propostas dos comerciantes. A parte máis importante é o diálogo directo, que permite recoller a voz dos expertos e incorporar as súas achegas ás propostas que leva a agrupación no seu programa electoral.

Os socialistas presentaron aos donos dos negocios un cuestionario para que expresen a súa visión sobre diferentes apartados que poden servir para promover e mellorar o comercio chantadino. Preguntáronlles sobre posibles cambios de datas festivas, sobre a posibilidade de que as campañas de promoción sexan máis efectivas ou sobre o papel que poden xogar as administracións públicas e especialmente os Concellos no ámbito da dinamización do comercio.

Esta iniciativa é piar fundamental para os socialistas de Chantada pois consideran que o próximo goberno municipal terá que poñer todos os recursos necesarios para que o comercio sexa un polo de atracción turística na vila. “Cremos firmemente que hai os elementos materiais, humanos e físicos para converter Chantada nun centro de comercio de primeiro nivel. Empezando polas propias tendas e propietarios”, destacaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com