O PSOE de Folgoso recaba 900 sinaturas para pedir “solucións” ao desabastecemento de medicinas

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, presentou este xoves no Rexistro da Xunta en Lugo, 900 firmas nas que reclama solucións ao desabastecemento de menciñas na farmacia desta localidade, e que sofren os máis de 1.000 veciños dende fai 10 meses.

A voceira explicou que dende outubro os veciños de Folgoso do Courel teñen que desprazarse a máis de 30 quilómetros, a Concellos como Quiroga ou Pedrafita do Cebreiro, para buscar as súas menciñas porque non contan con elas na única farmacia que hai en Folgoso debido aos problemas económicos que sofre a mesma.

Con estas sinaturas, o PSOE, demanda á Xunta de Galicia medidas de colaboración para o abastecemento da farmacia existente, ou ben a concesión dunha licenza de apertura dunha nova farmacia no municipio. A Xunta de Galicia é a administración responsable en outorgar estes permisos.

Carmen Álvarez remarcou tras rexistrar as firmas diante da Consellería de Sanidade e da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, que espera que administración autonómica, é dicir, tanto Feijoo como a Consellería de Sanidade, tomen nota das peticións que realizan os veciños de Folgoso do Courel, “porque coa sanidade e co benestar dos nosos maiores non se xoga”. Nese senso emprazou ao Presidente da Xunta a que tome as rendas deste asunto e dea unha solución ao problema desta farmacia, vital para atender as necesidades diarias dos nosos veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com