O PSOE de Friol esixe medidas para o control do lobo no Concello

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Friol rexistrou unha moción, solicitando ao Goberno local á adopción de medidas urxentes para frear e paliar os danos producidos polo lobo no neste Concello. Explicou que rexistra esta iniciativa tras ás demandas dos gandeiros da Comarca, que se lamentan dos constantes ataques e da lentitude da administración autonómica por atopar unha solución a este problema.

O Voceiro remarca que dende o Grupo Municipal Socialista “cremos que tanto a protección do lobo como a dos gandeiros e os seus recursos son perfectamente compatibles, precisando dunha implicación responsable, áxil, activa, dilixente e adecuada ás necesidades dunha especie protexida e dun sector produtivo vital por parte da Administración Competente, que neste intre, debe dar resposta a un problema de xeito inmediato pero con solucións que atallen o problema no curto prazo e creen as circunstancias para evitar que se produzan no futuro”.

 Na moción rexistrada, Santos Ramos reclama á Xunta, a que adopte de xeito inmediato as medidas necesarias para controlar e reducir o número de exemplares de lobo que teñen o seu hábitat no territorio de Friol. Tamén solicita que se habilite os mecanismos necesarios para dispor alimento para o lobo no seu entorno natural, os montes, freando así que se desprace aos lugares nos que hai gando na búsqueda de alimento.

 Nesta proposta reclama que á Xunta de Galicia habilite sistemas de control de movemento dos exemplares de lobo no entorno do Concello de Friol con seguimento permanente que permita previr e disuadir ataques do mesmo á cabana gandeira. Ademais solicita  que reduza e axilice a burocracia para cobrar as indemnizacións, a maiores ínstase á Xunta de Galicia a que revise as cantidades indemnizatorias por non ser suficientes para paliar as perdidas producidas.

Plan específico de convivencia

Por ultimo insta á Xunta de Galicia á que “poña en marcha un plan específico de convivencia entre a protección do lobo e o desenvolvemento da actividade agrícola e gandeira no Concello de Friol, co fin de que garanta aos gandeiros axuda no control da especie e axudas específicas para a adquisición e instalación de medidas de protección fronte o lobo coma cercados, cans axeitados, elementos disuasorios, etc”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com