O PSOE de Lugo aborda as limitacións da Lei do Solo para o desenvolvemento dos Concellos

O PSOE de Lugo celebrou este sábado unha xornada informativa sobre a Lei do Solo, onde o voceiro Urbanismo no Parlamento galego, José Bugallo, e o técnico da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), Raúl García Martínez, coincidiron en que esta normativa supón serias limitacións para os Concellos.

Unha das cuestións máis graves que conleva a Lei do Solo, segundo os comparecentes “é que os Concellos de menos de 5.000 habitantes quedaron sen potestade para aprobar planeamentos básicos, que teñen a posibilidade de facer en substitución dos PXOM que requiren os municipios con maior poboación”.

Estes agora teñen que ser elaborados pola Xunta, “supoñendo un investimento duns 80.000 euros por Concello, que debe facer a administración autonómica e que non contempla. Hai que ter en conta que en “na provincia de Lugo, hai 21 Concellos sen o seu necesario PXOM. Dita Lei modifica substancialmente os plans avanzados, bloqueando a súa tramitación, aseveraron.

Os socialistas remarcaron que “a Lei de Solo establece maiores limitacións á autonomía municipal e á renuncia ao obxectivo de normalización da situación urbanística dos Concellos”. Ademais engadiron, “reduce de xeito significativo as proteccións en solo rústico, ao tempo que se renuncia á ordenación e protección do medio rural”.

Por outra banda, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, como representante socialista de Lugo na dirección da FEGAMP, deu conta dos últimos acordos deste organismo. Ademais, recolleu todas as propostas que os socialistas lucenses consideran que deben ser obxecto de debate da Federación Galega de Municipios de Provincias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com