A candidata do PSOE á alcaldía de Portomarín, Silvia Rodríguez, avanzou este sábado a lista coa que os socialistas concorrerán as próximas Eleccións Municipais. A actual voceira municipal destacou que a candidatura “aínda que engadimos dúas caras novas, é continuista e experimentada. Somos un grupo de persoas que vivimos en Portomarín e que representamos ao conxunto da sociedade do Concello, que temos moita ilusión e forza para afrontar este desafío”.
Silvia Rodríguez subliñou que “o PSOE queremos ser unha alternativa sólida, conciliadora, aberta e responsable, que escoite as demandas dos veciños e as atenda, estando ao carón deles. Ante as actitudes autoritarias e escuras do Alcalde do PP os socialistas presentaremos un proxecto transparente e de progreso, lonxe dos intereses persoais e centrado no ben común: os nosos veciños”.
“Un dos nosos compromisos será ofrecer facilidades para que todos poidan desenvolver o seu proxecto de vida en Portomarín e non teñan que marcharse fora pola carencia de servizos públicos, pola falta de traballo, de vivenda ou de actividades. Un Concello onde os nosos maiores e os nosos pequenos teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos que calquera veciño doutro municipio. Non queremos máis, pero tampouco menos. Queremos que todos os portomarinenses teñan acceso digno á educación e non como ven acontecendo no último ano. En definitiva, impulsaremos diferentes medidas para poder vivir no rural con dignidade”.
A lista
- Silvia Rodríguez Díaz
- Enrique Vázquez Gómez
- Tania Rodríguez Rodríguez
- Gerardo Salvador Pardo
- Marcos Arias Rodríguez
- Andrea Pol Fernández
- Antonio Luaces Quiroga
- Lidia Fernández Mosqueira
- María Ascensión Fernández Fernández
- Montserrat Díaz Rodríguez
- Manuel López Rodríguez
- José Manuel Rodríguez Pol