O PSOE de Ribadeo reclama unha solución para o problema da recollida de lixo

Os socialistas de Ribadeo veñen de reclamar ao alcalde da localide unha solución urxente para o problema que se está a dar co servizo de recollidade lixo dos contedores amarelos no municipio. O secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, denunciou hoxe que “os veciños están fartos de aguantar malos cheiros e ver os contedores e as rúas cheas de desperdicios. Non imos tolerar que se sega xogando coa saúde dos cidadáns e coa imaxe de Ribadeo”.

Os socialistas critican que o Goberno do BNG anunciou que acabarían con este problema hai un mes, tras quedar suspendida temporalmente a recollida de cartón porque a empresa concesionaria do servizo non pode asumilo por problemas financeiros. O PSOE critica que o Concello, que era coñecedor desta situación hai 3 meses, non fixo nada. “Pola falta de organización tiveron que contratar de maneira urxente e excepcional a unha empresa para realizar a recollida selectiva dos contedores amarelos. Pero seguimos igual, porque levan unha semana sen facer o seu traballo, tanto no casco urbano como nas parroquias do rural”.

Fernández Murias reprobou a actitude do Alcalde “pois o problema persiste, nun servizo tan importante para o Concello, que pagamos todos os veciños e que non se está a cumprir. O deixamento e o total abandono do BNG está a prexudicar gravemente aos ribadenses. Dende o Partido Socialistas instamos ao goberno municipal a que se responsabilice e asuma o control do Concello. Isto non pode continuar así.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com