O PSOE de Riotorto avanza a instalación de 52 novas luminarias no Concello a través do Plan Ilumin@

O Grupo Socialista de Riotorto avanza que o Plan Ilumin@, posto en marcha pola Deputación de Lugo, investirá en Riotorto 9.345 euros para mellorar a eficiencia enerxética do concello.

Concretamente, a través deste proxecto, instalaranse 52 luminarias LED de 30w, distribuídas en catro núcleos que son os de Ferrería, Chacin, Val e Souto do Val. Ademais con cargo a este investimento tamén se realizarán melloras nos cadros eléctricos destes núcleos.

José García sinalou que con estas novas luminarias “melloraremos a calidade do noso alumeado, e tamén aforraremos na factura, xa que estas novas dotacións contribúen reducir a facturación eléctrica das nosas instalacións municipais”.

Por iso, agradeceu o compromiso da Deputación que preside o socialista José Tomé Roca, xa que unha vez máis amosa o seu compromiso co noso Concello”. Hai que lembrar que o Plan Ilumin@ está dotado con 723.000€, dos que o 80% son fondos europeos que a Deputación conseguiu a través do IDAE (Instituto de Desenvolvemento de Aforro Enerxético), un organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com