O PSOE defende en Lugo a Lei da Eutanasia

A Voceira de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso, Ana Prieto compareceu hoxe antes os medios para dar conta da aprobación da tramitación da Lei da eutanasia no Congreso dos Deputados esta mesma semana. “Como profesional sanitaria son consciente da relevancia deste proxecto lexislativo que conta co consenso da sociedade española (máis do 70% dos españois segundo os CIS), e dos profesionais sanitarios. Por iso é necesario sinalar que esta normativa por riba de todo defenderá o dereito a decidir sobre a propia morte”, explicou.

Na roda de prensa, celebrada na sede lucense, estivo acompañada da Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE, Patricia Otero, o Deputado Autonómico, Luís Álvarez, o Deputado no Congreso, Javier Cerqueiro, o Secretario de Organización, Juan Valiño e a Secretaria de Sanidade da Executiva Lucense, Carmen Gómez Soengas, que coincidiron en remarcar a importancia da aprobación desta iniciativa. “É unha lei necesaria e esperada por moitos afectados, e que a partir de agora incorporarase á carteira común de servizos do sistema nacional de saúde”.

Patricia Otero lembrou que “o PP de Galicia mantén unha liña completamente similar ao PP no Congreso, como xa puidemos comprobar no debate do Parlamento Galego ante unha iniciativa sobre impulso que o Goberno da Xunta debera dar á normativa que emane do Estado, confundindo a ampliación de dereitos cos coidados paliativos”, dixo.

Ana Prieto remarcou que “defendemos esta Lei desde o respecto á dignidade, á liberdade e á autonomía da vontade desas persoas cuxa única perspectiva actual é sufrir e desexan poñer fin o seu sufrimento. E sobre todo defendemos a posibilidade de que cada persoa poida tomar unha decisión sobre a súa propia vida nesta situación”, avanzou a Deputada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com