A deputada lucense do PSdeG-PSOE, Margarita Pérez Herraiz e o senador Ricardo Varela acompañados de membros do SUP, presentaron hoxe, en rolda de prensa unha proposición non de Lei no Congreso dos Deputados, para demandar que se incremente os efectivos na Comisaria Provincial de Lugo, ata alcanzar os 55, para poder fronte con eficacia ás demandas de seguridade existentes na cidade. Os socialistas, anunciaron que rexistraron esta iniciativa, tras manter unha xuntanza de traballo co Sindicato Unificado de Policía (SUP), na que lle demandaban máis efectivos.
Advirten que a Dirección Xeral da Policía dotou a outras provincias con unidades para asumir novas cargas de traballo, pero denuncian que “Lugo é a única provincia de Galicia que non só non conta coa Unidade de Prevención e Reacción, senón que tampouco incrementou os seus efectivos”, o que conleva carencias efectivas na seguridade dos cidadáns.
Pérez Herraiz explica na proposta que “coa entrada en vigor da instrución 8/2009 da Secretaria de Estado de Seguridade, sobre Conducións e Custodias de Internos de Centros Penitenciarios, asígnanse novas competencias ás comisarias na custodia de internos fora dos establecementos penintenciarios, pero sen incrementar os efectivos policiais, como é o caso da Comisaria de Lugo”.
Asemade, sinala que “ata o ano 2011 a Comisaria de Lugo contaba cun reforzo anual de 40 funcionarios en labores de prácticas e aula aberta, pero advirten que desde o 2011 non houbo máis reforzos”. Subliña que no ano 2012 o Club Deportivo Lugo de fútbol subiu a segunda división e ao Club Baloncesto Breogán xoga na liga LEB. Polo tanto a Comisaria de Lugo fixo fronte á seguridade de máis de 250 eventos deportivos, e só ano 2015 fixo fronte a 250 concentracións e manifestacións. A día de hoxe a Comisaria de Lugo conta con oito funcionarios por quenda de traballo para facer fronte ás demandas dos cidadáns, 40 efectivos distribuídos en 5 turnos de traballo.
Pola súa bando o senador Ricardo Varela anunciou que tamén rexistrará esta proposta no Senado, e criticou duramente as políticas do PP en materia de seguridade ciudadana.