O PSOE desvela que o alcalde adxudica, por decreto, as obras da gardería a unha empresa de fóra de Vilalba

O Grupo Municipal Socialista responsabiliza ao alcalde, Agustín Baamonde, da contratación por decreto dunha empresa de fóra de Vilalba para as obras na antiga gardería municipal, por un importe que ronda os 52.000 euros. Logo dun tempo no que Baamonde tomou as rendas da xestión municipal e a poucos días de rematar o ano, desde as filas socialistas aseguran que en Vilalba “seguimos gobernados a toque de decreto”.

“Non cambian os procedementos no goberno vilalbés malia o lavado de cara que se construíu en torno á figura do actual alcalde, quen declarou no seu discurso de investidura unha clara vontade para contar coa oposición”, subliñan desde o PSOE, describindo “unha realidade ben distinta nas súas primeiras decisións, das que a oposición ten constancia polos decretos da alcaldía, o primeiro deles para asignarse un soldo de 50.000 euros con efectos retroactivos ao día da súa toma de posesión”.

Os socialistas interpretan esta adxudicación como un total desprezo á oposición, en especial ao grupo socialista por ter presentado de xeito constante diversas iniciativas plenarias para poñer en vigor procedementos transparentes de adxudicación “aos que votaron sempre en contra sen máis dilación”. A pesar de consistir nun contrato menor, “recorren ao decreto para asegurarse a contratación dunha empresa de fóra de Vilalba,

Para finalizar, os socialistas piden “que exista unha maior coherencia entre a oratoria do novo alcalde e os feitos que, polo de agora, botan por terra as súas boas intencións”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com