O PSOE do Saviñao pide maior protección para as Devesas de Escairón e Currelos

O Voceiro Socialista do Saviñao, Celestino Rodríguez, avanzou hoxe, que defenderá unha moción no vindeiro pleno, coa que reclamar maior protección ás Devesas de Escairón e Currelos. Concretamente demandan “unha poda sanitaria e ecolóxica destas devesas por parte de persoal especializado”.

Nesa liña remarcan “a importancia ecolóxica e cultural destas árbores centenarias que son todo un referente medioambiental en Galicia, pero que nestes intres precisan de coidados, xa que contan con moitas ramas mortas que prexudican a súa conservación”.

Rodríguez tamén sinala que o Grupo Socialista rexistrou outra moción, coa que demanda cerrar ao tráfico as rúas principais de Escairón (os días 8 e 19 de cada mes no que se celebra a feira), así como a eliminación do tráfico de vehículos pesados polo centro de Escairón, xa que actualmente hai alternativas polas que pode circular este tipo de transporte especial. Lembra ademais que esta é unha vella petición de todos os colectivos así como da poboación en xeral, co fin de mellorar as condicións de seguridade no centro da vila.

Nesta mesma sesión plenaria, que se celebrará o venres dia 31 ás 9 da mañá, o Grupo Socialista de Escairón demandará explicacións sobre si o Concello se adheriu ó plan Xunta FEGAMP para a retirada de nidos de Velutina. Ou si se adheriron ó convenio Xunta (AMTEGA ), coa FEGAMP para mellorar a cobertura de telefonía móbil no rural. E por último, queren coñecer o estado das obras do Centro de Saúde da vila.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com