Os socialistas lucenses celebraron este sábado o Comité Provincial, no que elixiron a candidatura do PSOE pola Provincia ao Parlamento Galego. Agora terá que pasar o ditame dos órganos nacionais e, posteriormente, a súa ratificación polos federais.
A lista está conformada por persoas de toda a provincia, fíxose en cremalleira e igualitaria no xénero, a renovación, segundo os socialistas, é do 90% cunha media de idade de 40 anos: Estas son as principais características da candidatura, que se presenta para defender os intereses de todos os veciños da provincia de, ao tempo que quere acadar o cambio de ciclo político en Galicia.
Esta candidatura é froito das propostas que formularon todas as agrupacións municipais lucenses, cos seus correspondentes militantes, nas asembleas que se celebraron dende o 21 ao 28 de xullo.
Está integrada por 14 socialistas, 7 homes e 7 mulleres, que se intercalan nos postos, acadando unha candidatura paritaria. Representan a todo o territorio lugués, pois son de Concellos de todas as Comarcas, dende Lugo, Lemos, A Mariña, Terra Chá, Chantada, Sarria, Ulloa ou a Montaña.
Os/as socialistas que se escolleron son os/as seguintes:
1.- Luís Álvarez Martínez (Lugo/Lugo)
2.- Concepción Burgo López (Lugo/Lugo)
3.- José Antonio Quiroga Díaz (Lemos/O Saviñao)
4.- Patricia Otero Rodríguez (A Mariña/Burela)
5.- Rodrigo Pavón Rodríguez (Terra Chá/Vilalba)
6.- Raquel López Rodríguez (Chantada)
7.- Carlos López López (A Montaña/A Fonsagrada)
8.- Cristina Losas Soria (A Mariña/Ribadeo)
9.- Iván Castro Díaz (Sarria/Paradela)
10.- Marina Doutón Rajo (Lemos/Monforte)
11.- Pablo Núñez González (Lugo/Lugo)
12.- Marisol Morandeira Morandeira (Terra Chá/Guitiriz)
13.- Roi Rigueira Agromartín (Ulloa/Taboada)
14.- Carmen Álvarez Álvarez (A Montaña/ Folgoso do Courel)