“Logo desta denuncia, Candia só publicou a información relativa aos ben. Nunca publicou a de actividades. Ademais, fíxoo exclusivamente na web provincial, non así no BOP, e incluíu datos estritamente persoais e protexidos pola lei, como números de contas bancarias, direccións postais completas ou matrículas de vehículos. Isto supuxo a retirada desta publicación, posto que se estaba a infrinxir a Lei de Protección e Datos, polo que hoxe non hai nada ao respecto en www.deputacionlugo.gal”.
O PSOE esixe explicacións sobre o acontecido a Candia, como máxima responsable do Goberno Provincial, e ao Secretario, “pois é segundo o Regulamento Orgánico da Deputación, o responsable administrativo da custodia das relacións de bens e actividades dos Deputados, información que deben entregar, como imperativo legal, antes da súa toma de posesión exclusivamente á Secretaría Xeral da Deputación”.
Os socialistas piden a Candia, como máxima mandataria da Deputación de Lugo, un informe no que se recollan as seguintes cuestións:
-Responsable do Goberno Provincial do cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, no relativo á publicación das declaracións de bens, rendas e actividades dos membros da Corporación, tanto na sede electrónica provincial como no BOP.
– A existencia de autorización dos Deputados para a publicación desta información. De ser así, data de solicitude e sinatura da mesma.
– A existencia de expediente de resolución das publicacións e se conta con algún tipo de informe xurídico, técnico e/ou legal sobre a lexislación aplicable a este procedemento. De ser así, o contido do mesmo.
– A entrega por parte da Secretaría Xeral da declaración de bens, rendas e actividades dos Deputados, presentadas ante o Secretario e asinadas ante el (como imperativo previo á toma de posesión dos mesmos como mesmos) a outros departamentos ou entidades. De terse producido, a trazabilidade dos documentos e o tratamento da información contida nos mesmos para a súa publicación na sede electrónica provincial e no BOP.
– A supervisión do Goberno Provincial e da Secretaría Xeral do contido das declaracións de bens, rendas e actividades publicadas e posteriormente retiradas na sede electrónica provincial e a súa suxeición á lexislación vixente.
Asemade, o PSOE pide ao Secretario que aclare cuestións tales como a tramitación pola Secretaría Xeral tanto a publicación do rexistro de bens e rendas como de actividades dos membros da Corporación na sede electrónica provincial (que esixe a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de tranparencia, acceso á información pública e bo goberno) e no BOP (que contempla o Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo).
Tamén aluden aos datos recollidos nas declaración de bens, rendas e actividades dos Deputados Provincias que están suxeitos a protección e non deben facerse públicos, así como aqueles que son de obrigada presentación e publicación, segundo o disposto na lexislación vixente.
Para rematar, piden o cumprimento da legalidade na publicación das declaracións de bens, rendas e actividades feita con data 30/08/2015 na sede electrónica provincial e posteriormente retirada.