O PSOE levará ao Pleno a concesión do centro de recría tras o arquivo do caso

O Goberno da Deputación leva ao vindeiro Pleno Provincial, que terá lugar o martes 27 de xuño, a concesión do servizo do centro de recría. Faino por segunda vez, pois na anterior sesión plenaria acordouse deixar este asunto enriba da mesa logo de que os grupos políticos da oposición avanzasen a súa negativa a esta proposta. Xustificaron a súa postura en base ao anuncio da presentación dun recurso por parte dunha das entidades que participaron neste proceso público, e que non resultou ser a de maior puntuación.

Naquel entón, no Pleno de maio, o organismo provincial non tiña coñecemento oficial desta reclamación, posto que se trata dunha manifestación de intencións; con todo, logo de que a oposición manifestase publicamente que, unha vez resolto este recurso, non ían a bloquear a concesión deste servizo e, polo tanto, a posta en marcha do centro de recría; o Executivo Provincial retirou esta proposta, agardando o pronunciamento do tribunal correspondente.

Trátase do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractual, que notificou á Deputación de Lugo o arquivo destas actuacións, ao que “non cabe recurso algún”, apunta textualmente. Por este motivo, este xoves, o Presidente, Darío Campos Conde, convocou unha xuntanza cos voceiros do grupos políticos con representación no organismo provincial para informar sobre esta resolución, e avanzar que o Goberno Socialista leva ao Pleno do vindeiro martes a aprobación da concesión do servizo do centro de recría, defendendo a proposta de valoración deste proceso público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com