O voceiro municipal do PSdeG, Miguel Fernández, denunciou esta mañá que o Partido Popular continúe a prometer unha nova comisaría na antiga Residencia, e asegura que é “un insulto á intelixencia dos lucenses” xa que a nova surxe o mesmo día en que se coñece que o Goberno central non destinará ningunha inversión á Comisaría da Residencia.
Esta denuncia ven dada porque o subdelegado de Goberno en Lugo, Ramón Carballo e a concelleira e deputada autonómica Encarna Amigo, volveron onte a prometer aos veciños do barrio da Residencia que no Vello Xeral se habilitará unha Comisaría, ademais doutras dotacións.
O PSOE asegura que só se trata de “promesas e enganos para tapar outros incumprimentos como a hemodinámica 24 horas ou o centro de saúde da milagrosa”. Miguel Fernández esíxelle máis responsabilidade ao PP nas súas promesas.