O PSOE presenta a súa candidatura ao Concello de Monforte

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou este sábado a candidatura para as próximas eleccións municipais. Fíxoo nun acto celebrado na cidade do Cabe acompañado do Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, e do Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, así como de compañeiros e veciños de concello.

“Cando gobernamos os socialistas, aos veciños vailles mellor”

Santos Ramos destacou que “temos que reivindicar que cando gobernamos os socialistas, aos veciños vailles mellor. Existe un cambio dende que Tomé goberna e iso é indiscutible.  Foi capaz de facelo nunha conxuntura política e económica complexa. Que vou dicir de Tomé, unha persoas traballadora, comprometida e leal a uns valores sociais”.

“Onte vimos a Feijóo por Monforte de Lemos afirmando que o PP tiña feito máis polos monfortinos non gobernando que os socialistas. Ao Presidente da Xunta hai que dicirlle que o único favor que fixo foi ese, non gobernar”. Ramos incidiu en que “O PP e a Xunta levan moitos anos sen facer nada. Cando se fai algo é porque estamos os socialistas no Goberno do Estado, Autonómico, Provincial ou Municipal. Témolo demostrado con feitos”.

“En fronte de Tomé non hai nada para Monforte de Lemos”

Gonzalo Caballero subliñou que “a prioridade de Tomé é Monforte de Lemos e o benestar dos seus veciños. A decisión de Tomé de deixar o traballo no parlamento galego foi un exemplo de compromiso coa súa vila. En fronte de Tomé non hai nada para Monforte de Lemos. Non lle temos medo ao PP porque non teñen nin forza, nin peso. O presente e o futuro é dos socialistas e dos veciños”.

“Unha candidatura forte e consolidada”

Tomé Roca agradeceu aos compañeiros de candidatura “o esforzo” para continuar coa labor que levamos facendo nestes 4 anos. “Síntome arroupado por todos os monfortinos. Hai catro anos presentamos unha candidatura e gañamos por primeira vez as eleccións na democracia. E lembrarades que dicía que Monforte tivera catro alcalde?. E como di o refrán non hai quinto malo. Cumprín o meu compromiso de traballo, dedicación e ilusión para facer realidade que o quinto Alcalde fose un bo rexedor”. Aseverou o rexedor.

O Alcalde de Monforte de Lemos subliñou que se trata dunha “candidatura forte e consolidada, coa que gañaremos as eleccións”. Os socialistas monfortinos presentan a seguinte lista: José Tomé Roca, Gloria María Prada Rodríguez, Ibán Torres Rodríguez, María del Pilar Espinosa Novelle, José Luis Losada Fernández, Marina María Doutón Rajo, José Manuel Mougán Sobredo, Regina López Arias, Guillermo Díaz Aira, Margarita López Rodríguez, Miguel Tomé López, Sonia López Montero, José Antonio Rodríguez Rodríguez, Carlota Tomás López, José Ramón Piñeiro Rodríguez, Sara Mougán Martínez, Manuel Francisco Bande Neira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com