O PSOE presenta unha candidatura renovada para “sacar a Barreiros da parálise”

O PSOE presentou este venres a súa candidatura á alcaldía de Barreiros para as próximas eleccións municipais, que encabezará a actual voceira socialista, Carmen Veiga. Participaron no acto o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo, César Mogo; a candidata do PSOE polo Congreso, Sonsoles López; e a Presidenta de Honra da agrupación, Pilar Cancela.

Carmen Veiga destacou que “é o momento do cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Dende o PSOE imos a sacar ao Concello da parálise e o desastre económico ao que nos ten sometido o Alcalde do PP durante estes 15 anos. Exemplo diso son os esqueletos cos que contamos na actualidade en Barreiros, edificios sen terminar, aos que o goberno do PP non lles cobrou o IBI, tendo unha débeda ao respecto superior aos 300.000 euros que nos verían moi ben para mellorar os servizos básicos do noso Concello. O señor Fuente Parga estivo durante todo o mandato sumido nunha apatía constante que prexudicou gravemente aos nosos veciños. Froito da súa pésima xestión as praias de Barreiros perderon todas as bandeiras azuis, os camiños non están acondicionados, seguimos sen saneamento e as rúas do Concello están sucias e sen limpar”.

A candidata socialista denunciou que as políticas do Partido Popular están ligadas “a privatizar os servizos públicos para facer negocio, está no seu ADN. Vémolo coa sanidade, como por culpa dos continuos recortes por parte do PP na Xunta de Galicia Barreiros estivo máis de 1 ano e medio sen un médico no centro de saúde e con problemas en pediatría porque só hai un especialista para atender a 3 Concellos. Isto, por desgraza, pódese extrapolar ao ámbito municipal. O Alcalde privatizou os servizos públicos municipais como o mantemento dos alumeados, as estradas, o saneamento…todo o que puido. Esas son as políticas do PP, privatizar o público. Dende o PSOE imos a desterrar esta forma de xestionar os recursos, evitando sobrecustes e achegando aos veciños unhas prestacións de calidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com