O PSOE preséntase en Lugo como “a única formación” que garante un “si polo cambio” o 26X

O PSOE preséntase en Lugo como “a única formación” que garante un “si polo cambio” o 26 de xuño. Así o sinalaron esta mañá a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, o presidente da Deputación, Darío Campos e os candidatos ao Congreso e ao Senado do PSOE pola provincia, Margarita Pérez Herraiz e Ricardo Varela tras percorrer as rúas da capital luguesa escoitando as demandas dos cidadáns.

Lara Méndez, engadiu que “o PSOE é o único que garante un cambio real e efectivo no país” e remarcou que “necesitamos interlocutores en Madrid que defendan as necesidades dos lucenses: o AVE, a intermodal, o sector lácteo…; que loiten para saldar as débedas históricas con Lugo e defendan que non somos cidadáns de segunda, como nos trata o PP dende o Goberno Central e a Xunta”.

Pola súa banda, Darío Campos sinalou que “imos celebrar unhas novas eleccións xerais que os cidadáns, na súa maioría, non querían. E facémolo porque as diferentes forzas políticas que se presentaron como as do cambio, como Podemos ou Ciudadanos, opuxéronse a el. Pedro Sánchez foi o único que tentou un goberno de cambio, o único que buscou consenso e acordo dende o principio e ata o final.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com