Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e Deputado Provincial, fixo un comunicado esta maña, onde comunica que “unha vez que esta se me comunique formalmente, tal e como establecen os estatutos, presentarei as alegacións que considere oportunas”.
Martínez lembrou que leva catro décadas no Partido Socialista onde foi elexido como Deputado ao Congreso, voceiro provincial do Psoe, na Deputación Provincial na época de Cacharro Pardo e alcalde de Becerreá.
Na proposta de expulsión Ferraz di que o comportamento de Martínez despois das eleccións municipais , danou de forma moi importante a imaxe do partido ao tempo que o seu proceder non acatando as resolucións dos órganos de dirección fano acredor da proposición de expediente de expulsión
Martínez terá dez días para presentar as alegacións que considere pertinentes perante a Comisión Federal de Ética e Garantías do Psoe.